Oh Deus! Envíanos tolos,
dos que se comprometen a fondo,
dos que se esquecen de si mesmos,
dos que aman con algo máis que con palabras,
dos que entregan a súa vida de verdade e ata a fin.
Dános tolos, chiflados, apaixonados,
homes e mulleres capaces de dar o salto cara á inseguridade,
cara á incerteza sorprendente da pobreza;
dános tolos, que acepten diluírse na masa
sen pretensións de erixirse un cascabel,
que non utilicen a súa superioridade no seu proveito.
Dános tolos, tolos do presente,
namorados dunha forma de vida sinxela,
liberadores eficientes do oprimido,
amantes da paz, puros de conciencia,
resoltos a nunca traizoar,
capaces de aceptar calquera tarefa,
de acudir onde sexa,
libres e obedientes,
espontáneos e tenaces,
doces e fortes.
Dános tolos, Señor, dános tolos.
Fonte: Xa nos tés aquí
Deja una respuesta