Dámosche grazas,
Señor, Deus que todo o sostés,
que es e que eras,
por asumíre-lo teu gran poder
e comezares a reinar.
Iráronse contra ti as nacións,
pero chegou agora a túa ira:
é o momento de lles facer xustiza ós que morreron,
e de lles da-la paga ós teus servos, os profetas,
e ós santos e ós que respectan o teu nome,
ós pequenos e ós grandes,
e de esnaquizar ós que destrúen o mundo.
Arestora chegou a vitoria,
o poder e o reino do noso Deus,
así como a soberanía do seu Mesías.
Porque expulsaron ó acusador dos nosos irmáns,
o que os acusa diante do noso Deus, día e noite.
Pero eles vencérono grazas ó sangue do Año,
e pola forza do testemuño que deron,
e porque quixeron máis morrer que vivir neste mundo.
Por iso, alegrádevos, ceos,
e os que vivides neles.
(Ap 11,17-18; 12,10-12)
Responder