“Crepúsculo” titúlase unha recente e famosa película. Bella e Edward namóranse. Edward é un vampiro. Nas historias románticas de hoxe, ós homes gústalles ser lobos salvaxes e ás mulleres, vampiresas, raíñas das extraccións de sangue. O amor sempre quere poseer un corpo. Así de forte.
Deixémonos de remilgos: o corpo atrae. É a primeira información que recibimos dunha persoa. Ademáis, con el nos presentamos. Pero, claro: hai quen só quere “corpo”. Continuamente. Obsesivamente. E así, o corpo chega a ser mercadería que cotiza na praza, por uns eurillos, a cambio de pracer, rápido, anque “pequerrechiño”.
Existe un corpo capaz de dar e recibir cariño sen límite ningún: O Sacramento. O Corpo de Cristo na Eucaristía. Corpo con forma de moneda que fai rico o corazón e non o peto. Corpo cheo de amor e non de caprichos. Corpo para coller forzas, non para agotarnos. Corpo que non provoca celos, tentacións, nin infidelidades, senón que une a todos en feliz familia.
Ese Corpo decente e campechano, con apariencia de pan, sairá en procesión. Bendeciranos. Alfombrarémolo. Hai 2010 anos que gardamos este tesouro en cada parroquia. A partir de Santa Xuliana, en Bélxica, alá polo 1246, a Festa vai cobrando un “toque” parecido ó que ten hoxe.
Dígovos unha cousa: a min gustaríame ser mordido por este Corpo. Porque o Sangue de Xesús que circulaba por el, derramouse para salvarme. Excitante. Non me convirto en vampiro, senón en fillo de Deus. E a Corpo novo, vida nova. Iso da moita paz ante os problemas e as dificultades; son coma lobos que oubean moito, pero nada poden. Pois, por riba de todo, este Corpo está vivo. Non vou só. Nin ti. Estamos xuntos.
Felicidades a todos. E gracias a ese grupo “currante” que son os da Comisión.
Deja una respuesta