Dúas amigas: a arte e maila fe. Unha é hiperactiva, fachendosa e algo pícara. A outra, paciente, humilde e amorosamente fiel. Son distintas e complementarias á vez. Ambas son fermosas a rabear. ¿A cal delas invitar a cear, descartando á outra? Imposible.
Crentes ou non crentes, sempre procuramos a Beleza. Pero, ¿que rostro ten? ¿Onde vive? ¿Cal é o seu número de teléfono? Os artistas queren responder a eso. En certo modo, os crentes tamén. Moitas veces, os mellores científicos do Espírito, non usan microscopio, senón pincel e moita, moita paixón.
As portas dunha Igrexa van estar sempre abertas para quen sinte a forza grandiosa da creación, saíndo de dentro. Ven sendo algo que nos fai irmáns.
EXPOSICIÓN DE PINTURA
ARTISTAS PARTICIPANTES:
Nolo Suárez – Sabela Baña – Alfredo Constela – Lupe García – Felix Díaz – Patiño – Mª Braxe – Sol Guerra – R.Seoane – Iglesias Diz – Estrella Rúa – Vázquez Alemán – Noemi Iglesias
Inauguración: venres 27 de marzo de 2009.
ACTUACIÓN DA CORAL DA AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA COLEXIATA DO SAR
ACTUACIÓN DO CORO STA. CATALINA DE BARCIELA-OROSO.
Lugar: Igrexa de San Andrés de Barciela – Sigüeiro.
Hora: 20.30h.
Colabora:

Deja una respuesta